7 de diciembre de 2011










Abrín os meus chorosos ollos, eses que tan só vían tristeza o seu redor, e alí seguía, o meu lado. Díxome que non quería saber nada do tema, que non volvese a pedirlle soidade porque de sobra sabía, non ma concedería nunca.
Pedinlle un tempo, só un tempiño para poder gozar desa dor que o mundo me puidese ofertar.
Volveu poñer esa cara tan característica súa. esa que non precisaba palabras para mostrar a súa inconformidade.
Virou e, de costas a min, dixo que con migo nacera e con migo morrería.
Chorei, chorei tanto que perdín a noción do tempo. Cando volvín en min, percateime de que seguía ao meu lado.
Non sei que sentín exactamente, só sei que hoxe lle agradezo enormemente a súa insistencia e permanecer a miña beira. Agora vexo ese sorriso no meu reflexo e agradézolle no terme abandoado nunca. Esa esperanza que en mi naceu un día e nunca endexamais me deixou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario